Club Balonman Caselas
02/02/2020 at 12:18
Head

Crónica da Fin de Semana 01-02 de Febreiro de 2020

Chegou o final dos partidos desta xornada, con poucas alegrías para os nosos equipos.
As senior tiveron que suspender o partido no minuto 18 pola humidade que había na pista.

As cadetes que dirixe Nacho caeron derrotadas o venres e hoxe pola mañán. Pero temos que destacar a gran defensa e a loita de cada unha das xogadoras. Quizáis faltou un pouco de acerto no ataque ó estar un pouco escasos de primeira liña.

O equipo infantil de Richi e o Alevín A dirixido por Ana tiveron que suspender os seus partidos por mor da condensación que había no pavillón de Parderrubias.

O Alevín B de Cali poido xogar e fixeronno en Tui-Este partido correspondia á Copa pero non puido ser e caeron derrotadas.

Agora falamos do Benxamín A de Aida que xogaba hoxe as 10 da mañán no campo do Porriño, un partido onde non competiron nada ben para o que nos teñen acostumados. Quizás se notou demasiado a falta dos nen@s que non puideron ir a xogar.

A ledicia da xornada viu da man do Benxamín B que dirixe Cali, xa que conseguiron a seu primeiro punto na liga, un empate moi merecido é que ten que valer para animar a estes nen@s que este ano compiten por primeira vez.

Comentar tamén que os equipos Prebenxamíns tiñan o primeiro dos Torneos,  organizado nesta ocasión no noso pavillón é que por mor da humidade houbo que cancelar a primeira hora da mañá. Tiñan moita ilusión e algún seguro que non durmiu cós nervios, pero non vos desanimedes que pronto xogaredes o primeiro partido.

O fin de semana que ven, tódolos equipos xogarán fora agás o equipo sénior que xogará na casa.

A adestrar moi duro esta semana e Arriba Caselas.

0 Like · 0 Comments

Like
Calendar
February 2020
SunMonTueWedThuFriSat
      1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
Follow us
Sponsors

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.