O balonmán en Salceda naceu arredor do ano 82, en Parderrubias., cando se xogaba
unha liga organizada polo Cetro de formación profesional EDA de As Neves. Nesta
liga participaban equipos de diferentes parroquias: Árbo, Cabreira, Parderrubias...
Naquel entón, o equipo estaba formado por rapazas de 13/14 anos, que cun
adestrador afecionado a este deporte, comezaron a xogar no torreiro das festas,
sobre chan de asfalto.


Despois pasouse a xogar en pista polideportiva descuberta, ao lado do Matadoiro de
Salceda, comezando rapazas de máis zonas de Salceda e pasando a chamarse o
equipo Salceda.

De estes momentos o Club Balonmán Salceda, que có paso dos anos foi medrando e
albergando máis categorías, dende base ata Sénior.


Anos despois as Escolas Deportivas Municipais fanse cargo das categorías base,
quedando no Club as categorías Xuvenil e Senior.

Ao longo da historia o balonmán en Salceda chegou a xogar en diferentes torneos a
nivel nacional: Valladolid, Salamanca...e o último deles na tempada 15/16 en
Fuerteventura.

O Club Balonmán Caselas, en tódolos seus anos tivo maiormente equipos femininos.
Coa falta de xogadoras, o Club estivo durante unhas tempadas sen equipos.
volvendo a resurxir na tempada 10/11, cun equipo de categoría Sénior feminina.
Foi nesta tempada cando, xogadoras da categoría sénior póñense á cabeza da
directiva do Club e forman un equipo feminino desa categoría. Ese ano, como
adestrador deste novo equipo está Abel Chapero, que xa fora parte de equipos de
Salceda dende os inicios.


Na seguinte tempada o club medra e saca tamén equipo masculino, que duraría tres
tempadas. O equipo feminino mantense, e é na tempada 15/16 na que xogan a fase
de Ascenso a división de Honra en Fuerteventura.
Actualmente, o Club Balonmán Caselas xoga en 1ª Autonómica tendo como
adestrador a Manolo.

ÚLTIMOS ANOS:


TEMPADA CATEGORÍA ADESTRADOR/A
10/11 Senior Feminina Abel Chapero
11/12 Sénior Feminina Abel Chapero
Sénior Masculina Alfredo
12/13 Sénior Feminina Maica
Sénior Masculina Fran
13/14 Sénior Feminina Tita
Senior Masculina
14/15 Sénior Feminina Tita
15/16 Sénior Feminina Tita
16/17 Sénior Feminina Tita Xuvenil Feminina
17/18 Sénior Feminina Manolo


Actualmente o Club Balonmán Caselas ten un contrato de filiación coas EDM
Salceda, existindo así unha unión entre as categorías base e o club. Actualmente
contan con equipo prebenxamín misto, benxamín misto, alevín misto, infantil
feminino e cadete feminino.


Pero para levar a cabo calquera equipo é preciso de patrocinadores, subvencións...
Ao longo da historia do Club foron diferentes as empresas que os patrocinaron,
facendo posible seguir ano tras ano. A través de equipacións, roupa ou
complementos deportivos, propaganda e doazóns. Isto, ademais, xunto ao esforzo
realizado por particulares, familiares, xogadoras e diferentes membros da directiva
do club.

Actualmente, o Club subsiste grazas ao esforzo de xogadoras e directiva, así como
de pequenas empresas que fan posible seguir adiante con este proxecto.
Unha das últimas iniciativas foi a realización do carné de socio colaborador, posible
grazas a colaboración de tres pequenas empresas da localidade ( London Bar,
Tapería A´Esfarrapada e Bar – Pensión Central) e que pode ter calqueira particular,
colaborando así anualmente có club. Cun coste de 10€, as persoas que deciden
colaborar teñen un número de socio propio có que entrar en sorteos exclusivos para
socios e participan dende outubro ata maio (tempo que dura a tempada).
Ademais, outros comercios e empresas colaboran anualmente cunha cota que teñen
por ter a pancarta no pavillón de Salceda de Caselas, con roupa deportiva e/ou
doazóns de diferentes produtos e equipacións.

Calendar
December 2019
SunMonTueWedThuFriSat
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
29      
 3031    
Follow us
Sponsors

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.