Club Balonman Caselas
28/01/2020 às 18:00
Cabeçalho

Previa dos partidos 01 e 02 de Febreiro de 2020

Comezamos có equipo benxamín B que xogará este sábado ás 10 horas no IES Pedras Rubias contra Balonman Tui. Un único punto sepáraos na clasificación, parece que será un partido moi disputado !!

O noso benxamín A viaxa a Porriño o domingo ás 10 para competir contra o Porriño A. Un campo moi complicado contra un rival que aínda non sabe o que é ter unha derrota.


Na categoría Alevín temos a Copa e o equipo Alevín B viaxa a Tui o sábado ás 12:30 para xogar contra o segundo clasificado. Será unha saída difícil, pero sabemos que este equipo tratará de dar a sorpresa.

O Alevín A tamén xogará o sábado ás 11:30 no IES Pedras Rubias. O seu rival será Porriño B. Este partido daranos a oportunidade de gañar o noso terceiro partido consecutivo, seguiremos coa racha xente??.

Xa pola tarde, tócalles ás nosas rapazas infantís, xogarán no IES Pedras Rubias ás 18:30 contra o Balonman Arousa. 4 puntos nos separan na clasificación e será un partido moi importante para achegarnos á terceira posición da clasificación.

Agora falamos do equipo cadete feminino, que xogarán o venres e o domingo. O venres viaxan a Redondela para xogar contra o Sar Ledisson A ás 19:00 horas e o domingo xogarán en casa ás 13:00 contra o Mecalia Atlético Guardés. Serán dous partidos complicados, como tódolos da división de honra cadete, pero estamos seguros de que obterán bos resultados e se situarán mais arriba na clasificación. Veña equipo !!


Chega o momento do equipo Sénior, que xogarán o sábado no pavillón de Salceda ás 20:30. O seu rival é o duro Coreti Lalín, pero as nosas rapazas levan 5 vitorias consecutivas e esta fin de semana co apoio de todos poderán dobregar ao equipo das terras do cocido.


Finalmente mencionar os equipos Prebenxamíns, que este domingo debutarán por primeira vez, e será en Salceda. O horario e rivais aínda están por concretar, pero comezan os torneos para os máis pequenos da familia!!!

Vai ao pavillón a animar aos equipos, xuntos somos Balonman Caselas!!


0 Gostei · 0 Comentários

Gostei
Calendário
Agosto 2020
SegTerQuaQuiSexSábDom
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      
Siga-nos
Patrocinadores

Seu navegador não foi capaz de carregar todos os recursos de nossa web, é possível que tenha sido bloqueados por um firewall, um proxy, algum complemento ou a configuração de seu navegador.

Pode clicar Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R para forçar seu navegador a tentar descarregá-los novamente, ou se isto não funcionar, utilizar outro navegador ou contatar seu administrador de sistema ou provedor de Internet para solucionar este problema.